O Concello de Melide, xunto a outros 31 municipios das comarcas de Arzúa, Terras de Melide, A Ulloa, Chantada e Deza, participará na Ruta das igrexas e da DOP Arzúa-Ulloa, impulsada polo concello de Curtis.
O proxecto, que une patrimonio e gastronomía, consiste na creación de rutas turísticas na que os visitantes poderán experimentar as diferentes etapas de produción do queixo, e ao mesmo tempo, coñecer o patrimonio da zona.
A iniciativa será financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, cunha inversión próxima aos 60.000€.
O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, salientou que esta iniciativa “servirá para promocionar o noso concello, divulgando a nosa gastronomía, cultura e patrimonio”.