Feb 6, 2026 | Actualidade, Novas

Unha xornada para reflexionar sobre os desafíos e as oportunidades da migración desde dúas miradas: a través da voz de persoas que chegan e doutras que marcharon e retornaron.

  • Sábado, 7 de febreiro
  • Centro Sociocultural Mingos de Pita
  • 19:00 horas

Programación:

Monólogo teatral Harta, de Mariana Rodrigo. Un percorrido pola emigración da súa avoa desde Melide e Bos Aires en 1938 e pola súa propia experiencia migratoria ata A Coruña en 2023.

Charla-coloquio. Con persoas inmigrantes e emigrantes retornadas.

Organiza o Concello de Melide e colabora a Asociación Veciñal Melidá.