~

Sede

Electrónica

Perfil

do contratante

Taboleiro

de anuncios

O Concello de Melide lembra que o derribo das vivendas sitas na rúa María Casares e Camiño Vello de Santiago responde a unha sentenza xudicial firme ante a que non cabe recurso.

Xan 17, 2023 | Actualidade

 Os 3 veciños que denunciaron a ilegalidade das construccións solicitaron ante o Xulgado, en maio de 2020, a execución da sentenza.

O Concello de Melide lembra que o proceso tivo o seu inicio en marzo do ano 2010, cando 3 veciños interpuxeron un recurso de alzada ante o Concello de Melide polo peche duns terreos públicos así como pola situación de ilegalidade dunhas obras efectuadas en dúas vivendas sitas na rúa María Casares e no Camiño Vello de Santiago.

Con motivo da desestimación do recurso, ante o silencio administrativo do Concello de Melide, os 3 veciños denunciantes interpuxeron un recurso no Xulgado do Contencioso de A Coruña, que foi admitido a trámite e polo cal emitiron sentenza no ano 2014, na cal “se ordena la demolición de las obras denunciadas y se ordena al Ayuntamiento de Melide a la incoación de un expediente de recuperación de parte de la parcela 355 del polígono 54 y que en el antiguo catastro aparece como titularidad comunal”.

Ante esta sentenza, o Concello de Melide interpuxo un recurso de apelación solicitando que fose anulada a demolición das vivendas e que no seu lugar se iniciase un procedemento de reposición de legalidade urbanística. O recurso realizado polo Concello de Melide contou coa oposición dos 3 veciños denunciante que se mostraron en todo o momento conformes a sentencia de demolición decretada polo xulgado.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante a sentenza nº501/2015 do 16 de xullo de 2015, desestima o recurso interposto polo Concello de Melide, insistindo en que o que procede é a demolición total das construcións afirmando que as reformas realizadas nas vivendas foros estruturais, e que as licenzas outorgáronse xa que non afectaban a estrutura das vivendas.

Ante esta sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non cabe recurso ordinario algún.

Con posterioridade, con data 20 de maio de 2020, os 3 veciños demandantes presentan ante o Xulgado Contencioso Administrativo nº4 de A Coruña demanda executiva, a través da cal solicitan o cumprimento da sentenza.

Cabe destacar, que dende xullo do ano 2020, o Concello de Melide viuse na obriga, debido a un requirimento recibido do xulgado”, de enviar o día 5 de cada mes un informe no que se informase dos pasos realizados para dar cumprimento, a maior brevidade posible, a execución da sentenza.

O Concello de Melide quere enfeitizar que unha vez que a sentenza é firme, e sen posibilidade de recurso, son os propietarios das vivendas os encargados de efectuar a súa demolición, e de non facelo, o xulgado obriga ao Concello, para que de forma subsidiaria execute a sentenza.

Dende os servizos sociais do Concello de Melide poñeranse todos os recursos dispoñibles no caso de existir algunha persoa afectada pola sentenza que se atope en situación de desamparo.