Co obxectivo de mellorar a limpeza e o benestar nos espazos públicos, o Concello de Melide lanza unha campaña para promover a recollida dos excrementos caninos por parte dos seus propietarios.
A iniciativa busca apelar á responsabilidade cívica para acadar unha maior colaboración na limpeza das rúas e espazos públicos do municipio.
Nesta fase inicial, realizouse unha primeira colocación de carteis en varios xardíns públicos, os cales lembran a obrigatoriedade de recoller os excrementos dos animais en espazos públicos, ao amparo da Lei 7/2023 do 29 de marzo, sobre a protección dos dereitos e o benestar dos animais.