As actuacións, que contaron cun orzamento de 54.871,08€ proxectaronse para poñer en valor a rúa e dotala duns mellores servizos.
A separación das redes de saneamento e pluviais, o soterramento do tendido aéreo do suministro eléctrico de iluminación pública e telecomunicacións, o reforzo da iluminación pública, a creación de beirarrúas e a dotación de suministro eléctrico ao novo centro médico son algún dos traballos que se realizaron.
A urbanización da rúa permite que tanto os accesos peatonais coma o tráfico rodado queden diferenciados, dotando dunha maior seguridade ao entorno do novo centro de saúde de Melide.