O Concello de Melide convoca o III PREMIO DE RELATO CURTO EN PROL DA IGUALDADE, co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a necesidade de acadar unha igualdade real entre homes e mulleres.
A temática do relato versará sobre calquera aspecto relacionado coa muller, dende vivencias, relacións familiares, persoais, ámbito laboral, violencia de xénero, etc.
As obras deberán estar escritas en lingua galega, cunha extensión mínima de 5 folios e máxima de 10.
Outorgaranse tres premios, un primeiro de 350 euros, un segundo de 200 euros e o terceiro de 150 euros.
Os relatos deberán se enviados ao departamento de Cultura do Concello de Melide, antes das 14:00 horas do luns 17 de abril de 2023.