O Concello de Melide iniciou este martes a promoción da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional que se celebrará os días 11 e 12 de maio.
A primeira actividade de promoción nos centros educativos celebrouse na escola EFA A Cancela, no concello pontevedrés de As Neves, onde tivo lugar un obradoiro dirixido polo reposteiro e presidente da Asociación Melide Terra Doce, Alberto Rodríguez.
A actividade estivo dirixida ao alumnado do ciclo medio de Panadería, Respostería e Confitería, que tras aprender as técnicas tradicionais da elaboración dos doces de Melide (melindres, ricos e amendoados), elaborará diferentes postres incorporando estas recetas.
As actividades de promoción da Festa do Melindre continuarán ata o mes de maio ao longo das catro provincias galegas.