O evento inicia hoxe no CIFP Compostela unha intensa semana de actividades de promoción da 31.ª Festa do Melindre, que se celebrará o 13 e 14 de maio.
Hoxe luns 16 de xaneiro a partires das catro da tarde iníciase a promoción da Festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide, con obradoiros, catas e maridaxes cos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A primeira das actividades da programación previa consta dun obradoiro con maridaxe e cata no CIFP Compostela, situado en Lamas de Abade, impartido por Alberto Rodríguez, presidente de Asociación Melide Terra Doce e Sonia Otero, enóloga e membro do panel de catas do Consello Regulador da II.XX das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
A maridaxe entre a repostería de Melide e os augardentes de Galicia está dirixida ao alumnado do Ciclo Medio de Servicios en Restauración adulto, Dirección en Servicios de Restauración adulto e Ciclo Superior de Cociña adulto. No evento, a enóloga do Consello Regulador, e tamén embaixadora da Festa do melindre, ofrecerá unha explicación e cata das diferentes variedades das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, e terá lugar o obradoiro e o debate co alumnado do centro buscando a maridaxe perfecta, probando e experimentando tamén con maridaxes alternativas. Na cata probarase Augardente de Galicia das variedades albariño, mencía, godello, Augardente de Galicia da zona do Ulla, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia.
O mércores 18 iniciarase a promoción en FITUR, coa presenza do concelleiro de Promoción Económica, evento para o cal se deseñaron novo material promocional con trilingüe en castelán, galego e inglés, tanto dos produtos (melindres, ricos e amendoados) como do evento, que se poderán atopar no stand de Galicia.
O xoves 19 o evento viaxará a Portugal, á localidade de Monçao, situada no distrito de Viana do Castelo, nun novo obradoiro impartido por Alberto Rodríguez, presidente de Asociación Melide Terra Doce, que contará coa presenza conxunta do alumnado da EFA a Cancela de As Neves da escola de panadaría de Monçao.