Xan 31, 2023 | Actualidade

A retirada dos niños conta coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente.

MELIDE 30 de xaneiro de 2023.–  Esta mañá comezaron os traballos de retirada de dous niños de cegoña, ubicados na cornixa da torre do campanario e na do cupulín da Igrexa de Sancti Spiritus de Melide.

Os traballos de retirada dos niños responden principalmente a unha cuestión seguridade. Tanto polas súas dimensións como polo peso e ubicación, supoñen un risco elevado de desprendemento sobre a vía pública o que afecta a seguridade dos viandantes.

A retirada dos niños, pese que as cegoñas figuran como especie de fauna silvestre protexida, foi autorizada pola Consellería de Medio Ambiente trala solicitude realizada polo Concello de Melide.

A colaboración entre o Concello de Melide, a Igrexa Parroquial e a empresa local, Suministros Industriais Cire, que facilitou de balde a maquinaria necesaria para acceder ata a ubicación dos niños, fixo posible a realización desta actuación.