O Concello de Melide, a través da Concellería de Promoción Económica, arrinca a promoción da iniciativa “Melide destino…os domingos de Melide” nas redes sociais.
Esta tarefa de divulgación e difusión dos grandes atractivos da vila ten como obxectivo animar aos turistas e persoas doutros concellos a visitar o noso municipio para os seus plans de ocio e consumo da fin de semana.
Melide conta cunha gran oferta de actividades, ocio, comercio, e hostalería para gozar dun domingo diferente. Para trasladar esta idea, o Concello difundirá a través das súas redes sociais diferentes recursos para amosarlle ao mundo o forte potencial da localidade, afianzando ao noso concello como o lugar de turismo por excelencia no cerne de Galicia.
Nesta liña, o concelleiro de Promoción Económica sinala: “a campaña destacará que en Melide podemos comprar todo tipo de produtos de forma rápida e de confianza. O noso concello é o lugar ideal para pasar unha boa fin de semana”