~

Sede

Electrónica

Perfil

do contratante

Taboleiro

de anuncios

O Concello de Melide amplía o horario de peche dos establecementos de hostalería con motivo das Festas de San Roque

Ago 8, 2023 | Actualidade, Novas

O Concello de Melide informa da aprobación dun decreto para a ampliación do horario de peche dos locais de hostalería durante as Festas de San Roque, ao amparo do disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017 do 27 de decembro que lle otorga competencias aos concellos neste ámbito.

Os locais de hostalería poderán ampliar o seu horario de peche ata un máximo de 2 horas, dende o venres día 11 ata o martes 22 de agosto, ambos os dous días incluídos.

A ampliación de dúas horas será sobre os horarios límite de peche que teña establecido cada un dos locais de hostalería.