Mai 20, 2025 | Actualidade, Novas

O proxecto, liderado polo investigador e veciño de Melide, o Dr. Santiago Prado Conde, inclúe ferramentas de detección e protocolos de intervención social no ámbito da soidade non desexada.

A presentación do proxecto foi posible gracias a un convenio de colaboración asinado entre a Universidad Internacional de La Rioja e o Concello de Melide para promover accións divulgativas neste senso.

O proxecto está integramente financiado polo Vicerrectorado de Transferencia de dita universidade. Neste proxecto participan as investigadoras Iria Vázquez e Carmen Verde da Universidade de Vigo e Marta Caballero e Santiago Prado Conde da Universidad Internacional de La Rioja.

O plan encádrase nos concellos de Melide e Vigo e ten como obxectivo deseñar dunha estratexia integral de detección e intervención social da soidade non desexada en persoas maiores desde os Servizos Sociais Comunitarios en contextos rurais e urbanos de Galicia.

O Dr. Prado Conde fixo unha presentación dos eixos fundamentais do proxecto, os produtos resultantes e, sobre todo, na necesidade de contar con ferramentas claras para poder xerar o diagnóstico social, fundamental para a intervención social, e protocolos integrais de actuación.

A concelleira de política social, Carmen Liñeira, agradeceu que se contase co concello de Melide como pioneiro para o desenrolo dun proxecto de gran envergadura.