Out 29, 2025 | Actualidade, Novas

As cifras de atención na Oficina Municipal de Turismo foron superiores nun 18% ás do ano pasado.

Segundo os datos subministrados pola Oficina Municipal de Turismo do Concello de Melide, o 2025 bateuse un récord de visitantes en comparación ao ano anterior, se ben, o crecemento foi constante nos últimos catro anos.

Neste 2025, as cifras de Atención na Oficina Municipal de Turismo foron superiores ás acadadas no ano Xacobeo do 2022.

Os datos arroxan que o maior crecemento deuse nos visitantes de fora da unión europea, cun incremento do 80,33 %. O turista europeo rexistrou un incremento do 11,54 % nestes últimos catro anos.

Con respecto aos visitantes que fan os dous Camiños de Santiago que discorren polo concello de Melide, o Camiño Francés descendeu a porcentaxe de visitantes nun 26,27%, pero o Camiño Primitivo tivo un ascenso do 39,47% nestes últimos catro anos. Os visitantes ligados á peregrinación descenderon nos últimos catro anos un 9% pero os visitantes que non estaban ligados ao Camiño de Santiago aumentaron un 85% nos últimos catro anos.

No 2025 aumentaron os visitantes non ligados ao camiño un 27%, mais que no 2024. Isto supón que o Concello de Melide aumenta a variedade no perfil de visitantes que veñen ao noso concello, o que reflicte que as promoción realizadas nestes anos dan o seu froito.

Co paso dos anos Melide convértese nun lugar máis visitado polos turistas o que reflicte nun impacto positivo na economía local.