Nov 18, 2024 | Actualidade, Novas, Sen categorizar

Durante a visita, foi recibido pola alcaldesa de Santurtzi, Karmele Tubilla. O encontro serviu como punto de partida para traballar no irmanamento entre ambos os dous concellos.

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, participou esta fin de semana no tradicional magosto da Casa de Galicia, na localidade vasca de Santurtzi. O acto converteuse nunha gran xornada de confraternización na que se puxeron de manifesto os lazos de unión entre o pobo vasco e galego, froito dos moitos melidenses, e galegos en xeral, que emigraron ao País Vasco ao longo do século XX.

Durante a súa visita, José Manuel Pérez foi recibido na Casa Consistorial de Santurtzi pola alcaldesa, Karmele Tubilla. Na reunión de traballo celebrada, os rexidores mostraron o seu interese en realizar un irmanamento entre ambos os dous concellos para potenciar o intercambio, cultural, social, económico e deportivo entre Melide e Santurtzi.