O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, participou esta mañá na visita que realizou o secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano e o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, as obras do tramo Palas de Rei-Melide da autovía A-54, que une as localidades de Lugo e Santiago.
Durante a visita as obras do viaduto de Pambre, José Antonio Santano asegurou que o tramo de Palas de Rei – Melide, estará totalmente rematado durante este ano, mentres que o que une Melide con Arzúa atópase a un 50% de execución, polo que estiman que se abrirá a finais do ano 2025.
O alcalde José Manuel Pérez, explicoulle ao Secretario de Estado “ cando abra o tráfico rodado entre Palas de Rei e Melide, e ata que non abra o tramo Melide-Arzúa todo o volume de vehículos terá que atravesar o centro urbano, confluíndo en moitos caso na rotonda do centro da vila”, Pérez engadiu “ dende que abriron algúns tramos da A-54 xa notamos un incremento moi grande de vehículos pesados que está a afectar gravemente a vida dos nosos veciños e veciñas”.
Finalmente, Pérez solicitou unha reunión de traballo entre técnicos e autoridades para atopar a mellor solución entre todos, e propuxo estudar como alternativa habilitar ao mesmo tempo o primeiro kilómetro do tramo Melide-Arzúa para levar o tráfico da A-54 co obxectivo de acadar unha maior seguridade para os viandante e evitar o colapaso do centro da vila.