José Manuel Pérez, alcalde de Melide, vén de manter unha reunión con representantes do Parque de Bombeiros de Arzúa na que se abordou a situación que están a sufrir os bombeiros comarcais de Galicia, en folga dende o pasado mes de xuño reivindicando melloras laborais.
Durante o encontro expúxose a situación de precariedade na que está inmersa o colectivo pola falta de medios materias e persoais, o que está a dificultar gravemente que poidan realizar o seu traballo con normalidade.
O alcalde, José Manuel Pérez, en representación do equipo de goberno, “trasladoulles todo o apoio nas súas reivindicacións, lembrando a importancia e a necesidade do bo funcionamento do corpo de Bombeiros.