A concorrencia conxunta cos concellos da Pastoriza, Fisterra, Pol, Silleda e Valga permitirá optar ás subvencións estatais para proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga. No caso de Melide, permitira a ligazón para depurar a rede de saneamento do polígono industrial da Madanela.
O Concello de Melide presentou recentemente unha solicitude na primeira convocatoria de subvencións en concorrencia competitiva de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga, enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia PERTE Dixitalización do Ciclo da Auga, de carácter estatal. Melide concorre a estas axudas a través dunha agrupación de solicitantes da que tamén forman parte os municipios da Pastoriza, Fisterra, Pol, Silleda e Valga.
Esta concorrencia conxunta permitirá aos seis concellos, no caso de contar coa subvención, a creación dun sistema de información e ferramentas dixitais en relación co ciclo da auga, mellorando a xestión do mesmo significativamente. A través da tecnoloxía poderíase recompilar, xestionar e almacenar grande cantidade de información en tempo real, facilitando a toma de decisións.
O importe da subvención para o Concello de Melide será do 20,24%, o que representa algo máis de dous millóns de euros.
A concesión desta subvención permitiría igualmente ao Concello de Melide un investimento na rede de saneamento do polígono industrial da Madanela para materializar a necesaria conexión e depuración das augas.
A concesión desta subvención permitiría igualmente ao Concello de Melide un investimento na rede de saneamento do polígono industrial da Madanela para materializar a necesaria conexión e depuración das augas.