Ago 18, 2023 | Actualidade, Deporte, Novas

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, presidiu a presentación do Campionato de España Profesional de Kickboxing, xunto co 1º Trofeo Cerne de Galicia, que se celebrará en Melide o sábado 19 de agosto baixo o auspicio da Federación Española de Kickboxing, Consello Superior de Deportes e a Asociación Mundial de Organizacións de Kickboxing (Wako)

O polideportivo municipal de A Martagona acollerá o campionato, na modalidade de Lowkick e superpesados, categoría esta última que se disputará por primeira vez na nosa comunidade.

O evento convertirá a Melide no cerne do Kickboxing nacional, xerando o evento moita expectación a nivel nacional e internacional.

Na presentación acompañaron a José Manuel Pérez, Arón Ayude, aspirante ao título, e José Ayude, adestrador.