~

Sede

Electrónica

Perfil

do contratante

Taboleiro

de anuncios

Melide, Santiso e Arzúa trasladan a Rueda a preocupación existente pola instalación da macrocelulosa de Altri

Xan 15, 2025 | Actualidade, Novas

Os tres concellos solicitan unha reunión co presidente da Xunta para expoñerlle de primeira man as preocupacións da veciñanza en torno ao proxecto.

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, o de Santiso, Manuel Adán, e o de Arzúa, Xoán Xesús Carril, veñen de asinar unha carta conxunta dirixida ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na que se lle dá traslado da preocupación existente entre a veciñanza dos tres municipios en relación ao impacto social, medioambiental e produtivo que pode ter sobre o noso territorio a instalación da macrocelulosa de Altri.

Na misiva, os rexidores tamén mostran a súa preocupación pola influencia que pode ter o proxecto de Altri en sectores como o agrario, gandeiro e o turismo, entre outros.

Neste senso, os alcaldes instan ao presidente de Xunta a celebrar unha reunión para expoñer de primeira man as preocupacións existentes en torno ao proxecto así como poder traballar noutras alternativas que garantan un futuro sustentable para os concellos afectados.