O alcalde solicitou no encontro a implantación de medidas para garantir a seguridade dos viandantes e facilitar o tránsito dos vehículos.
O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, mantivo unha reunión de traballo na que participaron a subdelegada do goberno en A Coruña, María Rivas, o xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, e responsables da empresa Acciona, encargada das obras.
Durante o encontro, José Manuel Pérez insistiu na necesidade de implantar medidas de seguridade de forma inmediata ante a elevada sinistralidade actual que está a sufrir Melide, froito do incremento do tráfico rodado.
Entre as medidas solicitadas polo alcade están a iluminación led en horizontal e vertical dos pasos de peóns da N-547 e a AC-840, a instalación de hitos cilíndricos para reforzar a visibilidade nas confluencias de vías así como regular mediante semáforo o paso de peóns na confluencia entre a estrada nacional e a Avenida da Habana.