No concurso celebrado o pasado martes, repartíronse 2650€ en premios nas categorías de comparsas, grupos, individuais e parellas.
O Concello de Melide celebrou o pasado martes, no Palacio de Congresos e Exposicións, o seu tradicional concurso de disfraces que gozou dunha ampla participación a pesar das limitacións temporais que tiveron os participantes para elaborar os disfraces por mor da incerteza das restricións provocadas pola Covid-19.
“Os Gaitistas de Hamelín” e o “Imserso”, dentro da categoría de comparsas, “Os Elefantes Carnavaleiros” e as “Tanxugueiras” na de grupos, e “O Bombeiro ecolóxico” e “Os Galegos chegan a lúa“ na de individuais e parellas foron os galardoados.
A xornada do martes rematou co tradicional pasarrúas do Entroido e a posterior lectura do pregón e queima do Entroido na Paza das Coles, na que participaron numerosos veciños.
Para clausurar o entroido, os máis pequenos da casa poderon desfrutar na tarde de onte dunha gran festa de inchábeis.