Feb 9, 2023 | Actualidade

A obra responde a unha solicitude realizada polo equipo de goberno á Subdelegación de Goberno en A Coruña.

O Concello de Melide conta cunha nova senda peonil nun tramo da antiga N-547, na parroquia de Furelos.
Trátase dunha zona de paseo moi utilizada, en especial na época estival, xa que da acceso a Área Recreativa de Furelos.
Os traballos foron realizados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA), logo da solicitude realizada polo equipo de goberno, que consideraba necesaria unha maior seguridade para os peóns.