O alcalde, José Manuel Pérez, presidiu este martes a celebración da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero, na que se contou coa presenza de Pedro Pablo Lorenzo, Xefe Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia , Manuela Vilaboy, xefa da unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno na Coruña, Carmen Liñeira concelleira de igualdade, membros da garda civil, policía local, representantes de todos os centros educativos , do sistema de saúde así como as técnicas do CIM e de servizos sociais do Concello de Melide.
A celebración desta mesa ten por obxectivo potenciar a coordinación entre institucións e axentes implicados na loita contra a violencia de xénero para adaptar mellor os recursos e procedementos ás necesidades das vítimas.
Entre outros puntos da orde do día, realizouse a presentación do futuro V Plan de Igualdade do Concello de Melide e do Protocolo de Coordinación Municipal Contra a Violencia de Xénero, nos que se está a traballar dende a Concellería de Igualdade e o CIM de Melide.