Set 22, 2025 | Actualidade, Novas

O Concello de Melide, con motivo do 75 aniversario do falecemento de Castelao, organiza para o vindeiro venres 26 de setembro unha mes redonda sobre a súa figura, un home esencial na historia cultural e política de Galicia.

Na dita mesa participarán ensaístas e intelectuais da cultura galega que abordarán a súa personalidade polifacética nas súas diversas facetas: desde a artística e literaria ata a política e humanista.