A proba deportiva conta con dúas distancias de 48 e 110km e con varias modalidades, conxugando o valor patrimonial, paisaxístico e deportivo ao seu paso por Melide e outras localidades da ruta xacobea.
O salón de plenos do Concello de Melide acolleu esta mañá a presentación do Ecocamiño. Trátase dun evento que combina deporte, cultura, historia, gastronomía e ecorresponsabilidade. Celebrase entre os concellos de Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela os días 21 e 22 de outubro.
No evento de presentación estiveron presentes, Antonio Leira, deputado de Deportes e Mocidade da Deputación de A Coruña, José Manuel Pérez, alcalde de Melide, Carmen Liñeira, concelleira de deportes de Melide, así como Rodrigo González, concelleiro de Palas de Rei e membros da organización.
O evento reunirá a 250 participantes de todas as comunidades autónomas españolas e contará con dous formatos: un trazado de 110 quilómetros entre Sarria e Monte do Gozo, que pasará por Melide, e outro que partirá dende o cantón de San Roque de Melide e percorrerá os 48 km que o separan do Monte do Gozo.
Os participantes inscritos na proba contan con varias modalidades, dende equipos de 3 persoas que deberán percorrer xuntos todo o percorrido de 110k de distancia ata a Ekiden, coa posibilidade de realizar 6 relevos e na que participarán un mínimo de 3 persoas. A variante con saída en Melide e chegada ao Monte do Gozo, con 48km de distancia, presenta dúas modalidades: correndo ou marcha nórdica.
Para o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, “ é de agradecer que Melide sexa escollido de novo como lugar de presentación dun evento que contribúe a difundir a nosa cultura, patrimonio e gastronomía, atraendo a familias de participantes a pasar unha fin de semana no noso concello”: