Out 30, 2025 | Actualidade, Novas

A mostra permanecerá aberta ao público a partir do 29 de outubro no centro sociocultural Mingos de Pita, en horario de 18h a 20.30h.

O centro sociocultural Mingos de Pita acollerá, entre o 29 de outubro e o 12 de novembro, unha exposición de arte gráfica coas obras do XIX Premio Jesús Núñez, que convoca anualmente a Deputación da Coruña. Esta mostra, que recolle un importante catálogo de obras dun certame referencial no eido da arte gráfica, poderá visitarse en horario de tarde, de 18h a 20:30h.

Dentro desta exposición, o xoves 6 de novembro celebrarse no mesmo espazo un obradoiro de gravado a partir de 12 anos de idade. A actividade, que ten carácter gratuíto, ten un límite de prazas para quince persoas e require de inscrición previa. Esta pode levarse a cabo no teléfono 981 505 003 ou mediante correo electrónico a cultura@concellodemelide.gal. O obradoiro dará comezo ás 18:30h.

O Premio Jesús Núñez de arte gráfica botou a andar en 2005 e dende aquela consolidouse como unha referencia fundamental no sector das artes gráficas. O certame leva o seu nome polo artista e coleccionista Jesús Núñez, quen creou en 1997 en Betanzos a Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea buscando promover e difundir as artes plásticas. A Deputación recoñece e homenaxea esa traxectoria cun premio que se ten demostrado como un eficaz escaparate para novos talentos.