Entre o 1 e o 19 de decembro, a iluminación acenderase entre as sete da tarde e as once da noite. A partir dese día, será ata as 3 da mañá. Nos núcleos rurais, un ano máis haberá iluminación de Nadal, neste caso dende o 19 de decembro.
O Concello de Melide procederá na tardiña de hoxe ao acendido da iluminación de Nadal, que se prolongará ata o Día de Reis. Neste comezo do mes de decembro, as luces de Nadal situaranse no casco urbano de Melide e alumearán de 19h a 23h. A partir do día 19, a iluminación estenderase aos núcleos rurais e permanecerá ligada, ao igual que no núcleo urbano, entre as 19h e as 3h da madrugada.
Coa iluminación de nadal deste ano, o Concello convida a toda a veciñanza a desfrutar do ambiente festivo que envolverá Melide, que tamén acollerá en próximas datas o concurso de decoración de escaparates. Xa que logo, desfrutar do alumeado é unha boa escusa para achegarse, tamén, a sorprenderse coa creatividade do comercio local e levar a cabo as compras deste ano na nosa contorna, onde se dispón de todo tipo de produtos e servizos.
Coas medidas adoptadas de reducción do horario do alumeado cálculase rebaixar o gasto enerxético nun 30% con respecto a anos anteriores.