~

Sede

Electrónica

Perfil

do contratante

Taboleiro

de anuncios

Máis novas Comezan as obras de mantemento e rehabilitación do firme da N-547 ao seu paso polo concello de Melide

Mar 23, 2023 | Actualidade

Os traballos son realizados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

O alcalde, José Manuel Pérez, e o tenente de alcalde, José Prado, acompañaron esta mañá a Subdelegada do Goberno na Provincia de A Coruña, María Rivas, na súa visita as obras de mantemento e rehabilitación do firme da estrada N-547, Lugo – Santiago, ao seu paso polo concello de Melide.
As obras, efectuadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, afectarán ao tramo comprendindo entre os kilómetros 47.400 e 49,480.
A empresa encargada de realizar os traballos e a Policia Local do Concello de Melide levarán a cabo un dispositivo especial para desviar o tránsito pola zona da feira, tal como se realiza durante as festas de San Roque.