José Manuel Pérez, o cabeza de lista da formación Adiante Melide, vén de iniciar o seu segundo mandato ao fronte do Concello de Melide, ao ser elixido no pleno de investidura celebrado o pasado sábado no Salón de Plenos da casa do Concello.
José Manuel Penas conseguiu a Alcaldía melidense cos cinco votos de Adiante Melide sumados ao apoio de Mónica Barral, concelleira do Psoe e de Xesús Pereira do Bloque nacionalista galego.
Durante o seu discurso, José Manuel Pérez, agradeceu o apoio de ambas formacións e recoñeceulle aos anteriores concelleiros do Psoe, José Prado e Chus Iglesias o seu traballo realizado durante a pasada lexislatura.
Durante o acto tamén tomaron posesión como concelleiros por Adiante Melide, Carmen Liñeira, José María Santín, Xosé Igrexas e Mayka Basalo, polo Partido Socialista, Mónica Barral, e polo Partido Popular, Dalía García, Antonio Romero, Aurora Fernández, Jairo Rodríguez, Cristina Castro e Carlos Mosteiro.