~

Sede

Electrónica

Perfil

do contratante

Taboleiro

de anuncios

Inaugurada ao carón da Capela de San Roque a escultura “Be welcoming” do escultor canadiense Timothy Schmalz

Out 20, 2023 | Actualidade, Novas

MELIDE- 19 de outubro de 2023.–  A capela de San Roque de Melide acolleu a inauguración da escultura “Be Welcoming” (“Sexan acolledores”) elaborada polo escultor canadiense Timothy Schmalz.

Ao acto acudiron o obispo da diócese de Lugo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, o representante da diocese, Jesús Salvador López, o párroco de Melide, José Manuel Melle Parajuá e o alcalde, José Manuel Perez, entre outros.

A obra, inspirada na Carta aos Hebreos, é unha invitación á acollida cara aos que máis a miúdo soportan a indiferenza dos demáis.

A escultura, que chegou a Melide previa a doazón do filántropo John Studzinski á Diocese de Lugo, chegará según o autor “a todos os peregrinos dándolles a benvida para contemplar a espriritualidade oculta en cada un”. Schmalz destaca demais que “a escultura tamén actúa como un monumento a todos aqueles peregrinos que percorreron este Camiño buscando o anxo oculto neles ao longo de moitos séculos”.

O alcalde Melide, José Manuel Pérez, agradeceu “a elección de Melide como sede permanente desta escultura, que vai quedar para a historia patrimonial da nosa vila, unha vila que naceu en pleno do corazón de Galicia grazas ao Camiño de Santiago.