Abr 24, 2023 | Actualidade

O xantar, organizado polo Concello de Melide, reuniu a máis de 800 socios e socias do Centro Social.

Máis de 800 persoas participaron na tarde de onte no Xantar de Irmandande da Terceira de Melide que organiza cada ano o concello e no que participan veciños da vila e xente achegada doutros puntos da comarca.

Os participantes compartiron unha misa solemne que se realizou na igrexa parroquial de Melide por todos os maiores falecidos. A continuación, realizouse o xantar e posterior baile a cargo do Grupo JB SON que fixo as delicias dos asistentes e alongou a xornada ata ben entrada a noite.

Carmen Liñeira, concelleira de Servizos Sociais, mostrouse “moi contenta pola participación e de que todo o día transcurriu sen incidencias”. “Destacou a importancia deste tipo de eventos para a xente da terceira idade xa que ademais de ser un día de ocio tamén é unha ferramenta para pasar un bo día entre amigos e amigas”.