Ago 22, 2024 | Actualidade, Novas

O concelleiro, Xosé Igrexas, participou no concello leonés de Molinaseca nun encontro da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.

No acto rendiuse homenaxe aos segadores galegos que pasaban por Molinaseca en dirección a Castela, e que na súa volta a Galicia facían unha ofrenda á Virxe.
Durante o encontro, os participantes intercambiaron experiencias para preservar e promover o Camiño Francés de Santiago.