Segundo a información recibida da empresa subministradora da auga, as últimas choivas permitiron acadar unha situación de normalidade no abastecemento da auga polo que queda derrogado o bando de data 11 de agosto de 2022, no que se establecían medidas extraordinarias no consumo, ante a situación de seca que estabamos a atravesar.