Xuñ 26, 2025 | Actualidade, Novas

As instalacións permanecerán abertas ao público todos os días da semana, en horario de 12h a 20h, ata o vindeiro mes de setembro. O Concello levou a cabo traballos de mellora nos baños e duchas.

As piscinas da área recreativa de Furelos volverán ser un ano máis un dos grandes atractivos do municipio de Melide para a tempada de verán. A partir de mañá, 27 de xuño, as instalacións estarán abertas ao público. Permanecerán así todos os días da semana, en horario de 12h a 20h, durante os meses de xullo e agosto e o que resta do mes de xuño.

O Concello levou a cabo, con anterioridade á apertura, traballos de mellora no espazo de baños e duchas destas instalacións. O investimento, de 7.000,18 €, permitirá un uso máis cómodo destas áreas por parte das e dos bañistas.

As dúas piscinas exteriores da área recreativa do río Furelos sitúanse nunha contorna que atrae centos de visitantes durante os meses de verán pola súa beleza e situación á beira do río. O espazo é un dos grandes puntos de atracción da vila na tempada de estío, motivo polo que o Concello se ten esforzado para que poida gozarse nas mellores condicións durante este 2025.