Xuñ 28, 2022 | Actualidade

Prologaranse ata o 12 de agosto cunha ampla actividade lúdica e deportiva.

Os Campamentos de Verán que organiza o Concello de Melide deron comezo na xornada de onte cun récord de participación. Nesta primeira semana arredor dun cento de persoas participarán nas actividades lúdicas e deportivas.

Os Campamentos de Verán que organiza anualmente o Concello de Melide  ampliaron este ano o seu programa, xunto ás tradicionais actividades lúdicas para nenas e nenos de 4 a 12 anos, incorporouse a modalidade deportiva na que participan nenos cun rango de idade de entre os 8 e os 15 anos.  As actividades permiten a conciliación laboral e familiar durante os meses de verán.

As prazas dentro da modalidade lúdica están completas ata a finalización do campamento mentres que na modalidade deportiva todavía quedan prazas dispoñibles.

A concelleira de Cultura, Mayka Basalo, e o concelleiro de Deportes, José Prado, valoran moi positivamente a participación acadada e a implicación de todos os nenos e nenas en todas as actividades que se están a programar.