O goberno local axiliza ao máximo posible os prazos para poder dar comezo as obras no primeiro cuadrimestre do ano.
A Xunta de Goberno local de Melide aprobou na reunión celebrada na mañá de hoxe a licitación do proxecto de reforma e ampliación da piscina municipal.
O orzamento de licitación é de 1.066.529,36€, cun prazo de execución de 9 meses.
A piscina municipal, pechada polo risco evidente que supoñía para a saúde dos usuarios polas deficiencias que presentaba, transformarase nun moderno centro deportivo.
Así, os traballos incluirán melloras no sistema de climatización, ventilación, calefacción e xestión da auga, entre outros.
Asemesmo, destaca a reforma integral que se vai a realizar dos espazos de uso. O ximnasio será ampliado, pasando de 80 a 178m2 e os vestiarios serán máis amplos e funcionais, pasando dos 34m2 que teñen na actualidade aos 105m2.
A finalización dos traballos, o centro deportivo contará con dúas salas de actividades, de 80 e 58 m2 respectivamente, con novas máquinas de ximnasia adaptadas á normativa vixente.