O Concello de Melide vén de poñer a disposición dos veciños e veciñas de Melide un modelo de comunicación de luminarias que deberá ser enviado antes das 13:00h do venres 21 de xuño.
As comunicacións teñen por obxectivo contar cun rexistro das luminarias a fin de ter un control de seguridade sobre as mesmas e poder prever así calquera situación de perigo ou emerxencia.
O Concello de Melide enumera neste modelo unha serie de normas de obrigado cumprimento así como unha serie de medidas preventivas necesarias para unha maior seguridade.
Entre elas, por exemplo, indícase a prohibición de realizar luminarias na Área Recreativa de Furelos, Parque Rosalía de Castro e demais zonas verdes de titularidade pública.
Así mesmo, tamén se lembra que as luminarias terán que distar un mínimo de 15 metros de calquera edificación, instalación eléctrica e de vehículos. Non se permitirá queimar plásticos, colchóns, rodas, aerosois, produtos inflamables ou explosivos, debido aos gases tóxicos que producen a súa queima.
A comunicación da luminaria, a realizar tanto no casco urbano como nas parroquias, poderá ser enviada ao enderezo electrónico, correo@concellodemelide.gal, vía whatsapp ao número 608826512, ou depositadas na urna ubicada na entrada do concello para tal fin, antes das 13:00h do venres 21 de xuño.
Accede á modelo de comunicación: https://cutt.ly/ceobIsbp