Set 5, 2023 | Actualidade, Novas

O período para realizar a matrícula estará aberto ata o martes 19 de setembro.  

O Concello de Melide abriu esta mañá o prazo para realizar a matrícula nas ensinanzas que se imparten no Conservatorio Profesional de Música de Melide.

Dende hoxe e ata o vindeiro día 19, as persoas interesadas en realizar a inscrición en calquera das ensinanzas musicais do conservatorio poden realizar a súa matrícula no Edificio Multiusos en horario de mañá de 09:00 a 14:00h. Para calquer dúbida poden poñerse en contacto no teléfono 981507929 ou ben no correo electrónico multiusos@concellodemelide.gal.

MÁIS DE 20 ESPECIALIDADES MUSICAIS

O Conservatorio Profesional de Música de Melide ofrecerá formación en diferentes disciplinas musicais, no apartado de corda, impartirase violín, viola, violonchelo e contrabaixo. En canto ao vento madeira: frauta, clarinete, saxo e óboe. En vento metal: trompeta, trompa, tuba e trombón. Tamén no amplo abano de posibilidades de formación musical no conservatorio melidense atópase o solfexo, percusión, piano, armonía, guitarra, gaita, canto e acordeón.