O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e o 1º tenente de alcalde, Xesús Pereira, recibiron esta mañá á deputada de plans provinciais, Cristina García, e ao deputado Xosé L. Penas que visitaron varias das obras que o concello de Melide realizou a través do Plán Único da Deputación de A Coruña.
Durante a xornada visitáronse os traballos de mellora de pavimentación, seguridade viaria e accesibilide que se realizarón na rúa Rosalía de Castro e colindantes así como os traballos de aglomerado realizados nas parroquias de San Salvador e O Barreiro.
Na reunión de traballo realizada na casa do concello, José Manuel Pérez, insistiu en que todos os concellos, deben recibir o mesmo trato dende as institucións, independentemente da cor política que os goberne.