~

Sede

Electrónica

Perfil

do contratante

Taboleiro

de anuncios

A concelleira de Cultura, Ana Mosteiro, despediu hoxe á rapazada dos Campamentos de Pascua, impulsados polo Concello de Melide

Abr 16, 2025 | Actualidade, Novas

A concelleira de Cultura, Ana Mosteiro, despediu hoxe á rapazada dos Campamentos de Pascua e destacou a importancia de desenvolver hábitos de diversión creativa.

O programa ofrece unha alternativa de conciliación para as familias durante as vacacións de Semana Santa. As actividades, de carácter lúdico, educativo e deportivo, promoven hábitos de diversión creativa.

Un total de 65 nenas e nenos participaron este ano no Campamento de Pascua do Concello de Melide, que tivo lugar desde o luns 14 ata o mércores 16 de abril, en horario de mañá (9h-14h). A través desta actividade, as nenas e nenos participantes tiveron a oportunidade de gozar dun variado programa de actividades lúdico-educativas e deportivas durante as vacacións de Semana Santa. Tamén ofrece ás familias unha alternativa de conciliación durante este período.

Nas actividades participaron nenas e nenos entre os 4 e os 12 anos de idade.