Xul 27, 2021 | Actualidade, Novas

O Concello de Melide conta desde esta semana cuns novos contedores para a recollida de aceites domésticos.

Os contedores están ubicados na Avenida de Lugo, Ronda de Pontevedra, Rúa Gaiteiros Garceiras e Rúa Progreso.

Os aceites de cociña usados constitúen un residuo con alto poder de contaminación. O verquido polos desaugadoiros supón a proliferación de pragas e de microorganismos prexudiciais para a saúde e produce numerosos atascos na rede de sumidorios.

Desde o Concello de Melide anímase á veciñanza a almacenar o aceite en botellas de plástico pechadas para depositalas posteriormente nos contedores.