A oficina municipal de información ao consumidor é un servizo gratuíto e municipal que presta o Concello de Melide a súa cidadanía.
Os dereitos básicos das persoas consumidoras e os usuarios:
- Dereito á protección da saúde e seguridade, e do medio natural axeitado
- Dereito á protección dos seus intereses económicos e sociais.
- Dereito á información e educación en materia de uso e consumo
- Dereito a creas as súas propias organización en orde de representación e defensa do seu interese.
- Dereito á protección xurídica, administrativa e técnica e a reparación de danos e prexuizos.
Os obxectivos do OMIC Melide son:
- Atender, informar e asesorar as consultas realizadas polos usuarios e usuarias en materia de consumo.
- Informar, mediar e axudar a cumprimentar as follas de reclamacións
- Trasladar as reclamación o Instituto Galego de Consumo
- Formar en materia de consumo ás persoas participantes nos talleres ou charlas feitos pola OMIC de Melide .