O Concello de Melide outorgará axudas a prol da natalidade co obxectivo de favorecer o asentamento da poboación.

O importe total de axudas será de 15.000€, dos que poderán beneficiarse os pais e nais que estean empadroados en Melide e que teñan ou adopten un fillo no período comprendido entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro do 2022. Entre outros requisitos, un dos pais ten que estar empadronado, polo menos, 6 meses antes do nacemento ou adopción e tanto o solicitante da axuda como o fillo ou filla deberá comprometerse a seguir empadroado no Concello por un período de catro anos. O prazo de presentación de solicitudes vai do 15 de setembro ao 15 de novembro.

A concelleira de Política Social, Carmen Liñeira explica que “as axudas son unha medida máis para evitar o despoboamento, ademais de constituír unha axuda de 300€ para cada neno ou nena melidense que cumpra todos os requisitos recollidos nas bases.

Bases natalidade 2022