Melide Móvese

O concello de Melide conta tamén cunha amplísima oferta de hostalería. Parte dos profesionais deste sector no municipio están integrados na Asociación de Hostalería Melide Móvese. Nela inclúense tanto bares coma restaurantes e os estabelecementos da movida nocturna, principalmente concentrados na rúa Galicia.Foto descriptiva

Esta asociación naceu co obxectivo de:

  • Promover a hostalería de Melide
  • Promocionar a imaxe do sector e dos asociados
  • Propiciar o crecemento económico
  • Impulsar as fins de semana

Entre as actividades desenvolvidas dende esta asociación atópanse diversos eventos solidarios, coma a Gala benéfica do Combo Dominicano celebrada o pasado mes de maio de 2015. Tamén se organizan con carácter periódico rutas de pinchos polos bares e restaurantes da vila co fin de promocionar a calidade da hostalaría melidán.

A Asociación de Hostalería Melide Móvese conta cunha páxina en Facebook á que podes acceder neste enlace. Nela fanse eco de todas as iniciativas desenvolvidas polos distintos locais hostaleiros da vila, así como das iniciativas colectivas que organizan.