Novas

Máis novas

O Mercamelide de verán terá lugar os días 11 e 12 de agosto no Palacio de Congresos

07/08/2018. O comercio local celebrará a súa feira dos stocks de primavera e verán a vindeira fin de semana. Como é habitual levarase a cabo no Palacio de Congresos e Exposicións con horario ininterrumpido durante o sábado e o domingo

MELIDE 7 de agosto de 2018.- A Feira de Oportunidades do Comercio Melidense, Mercamelide celebrará a súa vindeira edición os pŕoximos 11 e 12 de agosto. Son as datas elixidas para dar paso a unha nova edición da feira de oportunidades na que os establecementos melidenses poñerán á venda os seus stocks da temporada de primavera/verán.

Mercamelide chega a súa edición número 22 e seguirá sendo a mellor oportunidade para facer negocio redondo en base á calidade e prezo reducido, as dúas características definitorias desta feira de saldos xa consolidada no almanaque comercial e distintiva do comercio melidense.

A feira está organizada polo Concello de Melide e a Asociación de Empresarios da vila, ASETEM. A cita será como é habitual durante os dous días da fin de semana elixida de agosto no Pazo de Congresos e Exposicións, onde a instalación se converte nun outlet baixo teito, nun centro comercial das rebaixas e das ofertas, xa non só  pola variedade de artigos a baixo prezo que se poden atopar, senón tamén pola oferta de ocio complementario e polo amplo horario de apertura, que en edicións anteriores era dende ás 11h da mañá e ata ás 20h da tarde.

 21 ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

Neste Mercamelide de verán participarán un total de 21 establecementos entre os que se atopan comercios de mobles, menaxe, decoración, deportes, lencería, perfumería, electrodomésticos, calzado, moda, complementos, etc..

A diferencia doutros anos, non se realizará un sorteo para repartir vales entre as persoas que merquen nos diferentes stands participantes, senon que se lles entregarán aos compradores cartóns rascas onde poderán descubrir no momento se son afortunados con algún premio ou non. En total repartiránse en vales para o comercio local un total de 630 euros.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp