Facturación electrónica

Nesta área podes consultar o procedemento para realizar a Facturación Electrónica ao Concello de Melide, a través do servizo FACe do Estado. Neste enlace podes atopar todos os detalles: http://www.facturae.gob.es/face/Paginas/FACE.aspx

Dende o Concello de Melide queremos facilitar o labor de xestionar as facturas no FACe a través das seguintes indicacións:

Guía de uso do FACe

Coa entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e de conformidade co disposto na Lei 25/2013 do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación dun rexistro contable de facturas no sector público, o Concello de Melide adheriuse ao Punto Xeral de Entradas de Facturas da Administración Xeral do Estado (FACe) como solución de intermediación entre quen presenta a factura e a oficina contábel competente para o seu rexistro.

As facturas electrónicas dirixidas ao Concello a través do dito punto deberán cumprir as seguintes características:
1. Especificar os datos estabelecidos no artigo 6 do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

2. Cumprir as características de formato previstas no artigo 5 de Lei 25/2013 do 27 de decembro de impulso da factura electrónica e a creación do Rexistro Contábel de Facturas no Sector Público. (Factura.e 3.2 ou superior, á data presente).

3. Engadir os seguintes códigos correspondentes ao Concello de Melide que terá que cubrir na facturación electrónica:

Oficina Contábel: LA0003832
Órgano Xestor: LA0003836
Unidade Tramitadora: LA0003832

Procedemento:

1. Descarga do programa informático para a elaboración da factura electrónica (Factura.e) do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas: Descargar aplicación

2. Nesa ligazón encontrará o acceso para a descarga do programa (DESCARGAR APLICACIONES ->), así como o manual para a descarga e a guía para usar o dito programa.

3. Logo de confeccionar a factura deberase engadir (“Adjuntos”) os albarás, orzamento, autorizacións, etc., de ser o caso, que faga relación á dita factura.

4. Asinar a dita factura electronicamente mediante algún dos certificados dixitais válidos.

5. Envío da factura:

5.1 Ben a través do mesmo programa Factura.e

5.2 Ben a través do portal Portal FACe

Na páxina web de FACe ten ao seu dispor un apartado de preguntas frecuentes acerca da facturación electrónica no seguinte ligazón:
Preguntas Frecuentes

Así como un manual que lle axudará no proceso de facturación:
Manual

Axuda:

1. Desde a web do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas faise referencia aos seguintes números de teléfono como suporte a provedores: 902 879 871 / 954 304 117 (horario de luns a venres de 09:00 a 18:00).

2. Tense coñecemento que algunhas entidades bancarias oferecen o servizo de facturación electrónica a través do seu portal da banca electrónica, como por exemplo Caixabank. Para iso deberá pórse en contacto coa súa entidade bancaria para coñecer se oferece este servizo así como as condicións deste.

3. Tamén é común que as asesorías contábeis estean familiarizadas co uso desta xestión.

Calquera factura que non cumpra os requisitos expostos será rexeitada polo Concello de Melide, debendo o provedor proceder á súa nova presentación coa corrección requirida, polo que non comezarán a correr os prazos para aprobación e pagamento dela previstos no artigo 216 del TR 3/2011 da Lei de contratos do sector público até a súa presentación correcta.